Archive for agosto, 2007

VIII FESTA FOLC DE VILARIÑO 2007

« 6 agosto 2007 | 20:01 | FESTA FOLC 2007 | Comments Off »



A COMPAÑÍA DO RUÍDO

« 6 agosto 2007 | 17:33 | FESTA FOLC 2007 | Comments Off »

A compañía do ruido nace a finais do 2002, despois de anos traballando noutras bandas, e coa volta de Madrid de dous dos seus compoñentes, lugar no que adicaban o tempo a facer queimadas nun restaurante, concertos nas tabernas e a rúa.
A compañía do ruido combina temas de corte tradicional como “mala chispa” con [...]



GUEZOS

« 6 agosto 2007 | 17:31 | FESTA FOLC 2007 | Comments Off »

GUEZOS: (do barallete, antiga fala dos afiadores ourensáns) Nenos, rapaces, cativos. Un pouco de historia…

Guezos nace no ano 1999 en Ourense, como proxecto de grupo musical tradicional, sen excesivas pretensións. A derivación ao folc foi chegando pouco a pouco, e no 2000 o grupo comeza a dar os seus primeiros pasiños. Grava unha primeira maqueta de [...]



FREETANGA

« 6 agosto 2007 | 17:29 | FESTA FOLC 2007 | Comments Off »

O grupo Freetanga formouse a partir dun grupo de mozos que comezou tocando os djembés na praia de Viñó coa peña e de aí xurdíulles a idea, no 2002, de facer un grupo de percusión.
Co tempo, pero mantendo sempre a esencia da percusión, foron incorporando novos instrumentos de carácter melódico para poderen así abranguer estilos [...]



TREIXADURA

« 6 agosto 2007 | 17:28 | FESTA FOLC 2007 | Comments Off »

Máis alá da enseada de San Simón, sobre os escoadoiros do río Alvedosa, en Redondela, hai un vello muíño reconvertido en santuario de viños e manxares.Alí, no mes de xullo de 1990, catro gaiteiros decidiron escomenzar unha nova andaina na súa carreira musical.
Estes gaiteiros foron ANTÓN e XAN LÓPEZ, que proviñan dun grupo de gaiteiros [...]