A COMPAÑÍA DO RUÍDO

A compañía do ruido nace a finais do 2002, despois de anos traballando noutras bandas, e coa volta de Madrid de dous dos seus compoñentes, lugar no que adicaban o tempo a facer queimadas nun restaurante, concertos nas tabernas e a rúa.

A compañía do ruido combina temas de corte tradicional como “mala chispa” con ritmos como o son, incluindo temas que van desde a samba, ska, reggae, ós ritmos balcánicos, sen olvidarse do rock`n roll. Importante é tamén a percusión á que adican gran parte da súa atención, en definitiva, dúas horas de actuación con traca final de charanga entre o público.

Na primaveira do 2003 graban o seu primeiro EP “Só existe ruido”dando lugar a compartir escenario co Jarbanzo negro no Grove, La kinky beat en Bueu, pechar o festival de Pardiñas xunto a grupos como os Clan and drums, Battlefield band, e salas de Madrid, Donosti, Bergara ou Plasencia, a parte de locais de toda a xeografía galega.

No xaneiro do 2004 inician a grabación en directo no auditorio de Riveira, no que dará lugar ó seu segundo traballo “Barruntando”, tamén autoproducido pola banda, e que conta coa colaboración de diferentes artistas da zona. Comenzan a chegar as actuacións e así empezan o mes de xullo compartin do cartel cos Cheb Balowski en Boiro, pasando por Vilaxoán con Alberto Mbundi, Cuchufellos no Sons do vento en Melón, Río bravo na festa da dorna en Riveira, La gran orquesta republicana nos botes de Arzúa, Matraca perversa no pontelouco de Castrocaldelas e Guadalupe en Rianxo, festa da rocha en Caldelas de Tui, Lamatumbá na Sainza, pechando o ano na sala Nasa en Santiago e a Iguana en Vigo. A compañía do ruido empeza o 2005 con festa e mentras varios dos seus integrantes adican o tempo á orquesta, técnicos de sonido ou ó ensino en colexios, os dous de sempre fan as maletas, e cun espectáculo ambulante marchan acompañados pola ola de frio na procura de fortuna, percorrendo así lugares tan dispares como Barcelona, Lleida, Caceres, Plasencia, Salamanca, Madrid, Vitoria, Donosti, Bilbo, Durango e noutro lado da fronteira lugares como Venecia, Maróstica, Bassano del grapa, Piovene e outros pequenos lugares de Italia, volvendo a mediados de marzo para poñer a andar unha nova singladura.

O final do 2005, entran nos estudios BONJAN da Coruña a grabar o que será o seu terceiro traballo discográfico que consta de 16 cortes seguindo a mesma linea de música festiva combinado con letras de corte social, sempre dende un punto de vista irónico. Neste disco, aparte da mencionada banda, colaboran músicos da talla de Viascon (Garbanzo Negro), Lorenzo Castro (O Vendaval do Rosal), Pablo Bicho, Mestre Foscaldo, Paulino González e Juan Sieira (Auga de Beber) e un largo etc… E xa co traballo na rúa e o corpo doente de leria, A Compañía do Ruido se presenta para a FESTA!


MÁIS INFO NA WEB DO GRUPO

 

 

GUEZOS

GUEZOS: (do barallete, antiga fala dos afiadores ourensáns) Nenos, rapaces, cativos. Un pouco de historia…

Guezos nace no ano 1999 en Ourense, como proxecto de grupo musical tradicional, sen excesivas pretensións. A derivación ao folc foi chegando pouco a pouco, e no 2000 o grupo comeza a dar os seus primeiros pasiños. Grava unha primeira maqueta de nome “GUEZOS” e dá os seus primeiros concertos.

Non contentos con todo isto, os seis compoñentes iniciais: Arturo, Morta, Pablo, Roberto, Anxo e Puntxa deciden adentrarse un chisco máis nesto da variedade musical e comezan a xurdir propostas con influencias de eidos musicais ben distintos, como o Rock ou Pop. Contribuiu a este feito a incorporación dunha guitarra eléctrica ao grupo. Actualmente, GUEZOS busca a incorporación ás súas composicións de ritmos variados, tanto da música tradicional (galega ou non) como de sons actuais de todos os campos sen ningunha discriminación.

A receita de GUEZOS…

Mestúrense con enerxía tres partes de música folk, dúas de Rock, e outras tantas de música tradicional galega. Engádanse ó gusto pingas de sabores variados como funk ou reagge, e ata rumba, se apetece. Salpimentese con graos de reel, e bátase todo no ordenador ata que colla boa textura. Logo métase no forno á temperatura dunha taberna chea de xente. Por suposto, sérvese quente e acompáñase de moito entusiasmo e ilusión.

Escolma de Concertos…

I, II e III Festival Folk Serra de Queixa. (Ourense).III Festival “Na Tralla” Vilaboa (Pontevedra).Festas do Incio (Lugo).Café Meigallo de Verín (Ourense).Sala Camawey. (Pontevedra).Palacio de Exposiciones y Congresos de Montjuïc (Barcelona).XXV Festival do Mundo Celta de ORTIGUEIRA (A Coruña).Festas de Beariz (Ourense).Pub John Mulligan (Ourense).Pub “A Revolta” Vigo (Pontevedra).Pub “American Century” de Ferrol (A Coruña).PARAPANDA FOLK, dentro do certame EUROFOLK Junior celebrado en Íllora (Granada).Fiesta del turista. Robledillo de Gata (Cáceres).Festas da Istoria. Ribadavia (Ourense).Folkardente 2005. Vedra 

 

MAIS INFO NA WEB DO GRUPO

FREETANGA

O grupo Freetanga formouse a partir dun grupo de mozos que comezou tocando os djembés na praia de Viñó coa peña e de aí xurdíulles a idea, no 2002, de facer un grupo de percusión.

Co tempo, pero mantendo sempre a esencia da percusión, foron incorporando novos instrumentos de carácter melódico para poderen así abranguer estilos tales coma: Funky, reagge, fanfarria, son cubano, merengue africano, bossa nova, samba, etc.

Freetanga debutou tocando no 1º festival Terra de Sons de Aldán, espertando no público unha grande expectación xa que pola zona non había grupos con estas características; esta circunstancia propicioulles a oportunidade de amosar a súa música por locais e festivais do Morrazo, Vigo, Pontevedra ou mesmo Portugal.

Os membros de Freetanga son: Boube, batería e percusión; Mundo, batería, baixo e percusión; Felo, guitarra e percusión; Aitor, guitarra, percusión e voz; Fuco, percusión e voz; Nando, baixo, percusión e voz; Rober, percusión; Yosu, teclados.

TREIXADURA

Máis alá da enseada de San Simón, sobre os escoadoiros do río Alvedosa, en Redondela, hai un vello muíño reconvertido en santuario de viños e manxares.Alí, no mes de xullo de 1990, catro gaiteiros decidiron escomenzar unha nova andaina na súa carreira musical.

Estes gaiteiros foron ANTÓN e XAN LÓPEZ, que proviñan dun grupo de gaiteiros chamado PASENIÑO, e XAQUÍN XESTEIRA e XABIER MARTÍNEZ, que remataban unha etapa na BANDA DE GAITAS DE VILANOVA DE AROUSA.
      Xuntos fundaron o grupo que, máis tarde, chamarían TREIXADURA GAITEIROS. No ano 91 sumouse a esta idea
RAMÓN VÁZQUEZ (“o Chilro”) do grupo OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA. Logo de dous anos nos que se perfilou a liña a seguir, decidiron presentarse ó público o 30 de Xuño de 1992, nun concerto celebrado no seu lugar de ensaio, o mesmo muíño que os víu nacer como agrupación. Dende entón, o grupo foi rodando por diferentes vilas e cidades de Galicia e España, en todo tipo de eventos musicais ou culturais, fundindo voces, gaitas e percusións nunha variada gama de ritmos para, así, contribuir a manter las melodías coas que, ó longo de tanto tempo, os nosos gaiteiros animaron festas e romarías. No ano 1995, PABLO NOGUEIRA substituíu a Xabier Martínez e, un ano máis tarde, TREIXADURA entra no mercado discográfico cun CD titulado “Obrigado”, un traballo de recoñecemento e agradecemento ó labor feito polos vellos grupos de gaiteiros que nos precederon.  Cumpríase deste xeito un obxectivo que para o grupo foi sempre unha referencia: “Misturar temas sobradamente coñecidos da música galega con outros que se tenta rescatar do anonimato, para dalos a coñecer con toda a forza e frescura características da nosa música”.    En 1998, Ramón Vázquez decidiu abandoar o grupo para adicarse profesionalmente á construcción de gaitas e instrumentos de percusión galega. Deixou un baleiro que o grupo encheu coa chegada do acordeonista CÉSAR LONGA.   Deste xeito quedou configurada a actual formación de TREIXADURA GAITEIROS. Abríuse, así, unha nova etapa que deu como froito un novo CD, gravado en 1999, que foi titulado “Unha Noite No Muíño”. A presentación deste traballo levou a música de TREIXADURA ás principais vilas e cidades de Galiza, así como a diversos países do estranxeiro. No ano 2000, a amistade de TREIXADURA con RODRIGO ROMANÍ deu lugar á colaboración do grupo en “Albeida”, primeiro disco do ex-membro de MILLADOIRO. O grupo acompañou durante ese ano ó músico galego na xira de presentación do citado traballo. Froito desa experiencia foi a idea de fundir o bo gusto de ROMANÍ co repertorio que o grupo estaba preparando para un novo proxecto.O resultado final foi “Unha Noite non é Nada”, un traballo do que estamos moi orgullosos..      TREIXADURA GAITEIROS é, hoxe, un espectáculo musical que envolve ó público en sons e imaxes ante os que un non deixa de sorprenderse. Valses, muiñeiras, foliadas, pasodobles e demáis ritmos da nosa tradición van sendo debullados nun ambiente que tanto pode encaixar na romaría máis popular como na festa ou evento máis urbán.  DiscografíaUNHA SEMANIÑA ENTEIRA . Pai Música, 2006UNHA NOITE NON É NADA. Ed. Do Cumio, 2003UNHA NOITE NO MUIÑO. Ed. Do Cumio, 1999OBRIGADO. Discmedi, 1996 Orfeon treixadura    O ORFEÓN TREIXADURA está formado por dez persoas que proveñen de propostas musicais variadas e que teñen en común o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo dabondo para que hoxe representen e dignifiquen coma ninguén este novo proxecto: UNHA SEMANIÑA ENTEIRA.   Os compoñentes do ORFEÓN TREIXADURA son:    ORFEON TREIXADURA Gustavo Cuntín, baixoÉ un fan de confeso TREIXADURA e gran amante das tertulias, sobre todo cando estas deveñen en festa. Emana harmonía cando canta e cando fala e ,ás veces, mesmo cando non o fai.    Antón Guisande, baixoFoi sempre un apaixonado da canción e da música, por iso hoxe lles dedica boa parte do seu tempo como compoñente do coro AMADEUS e como afeccionado ao acordeón. Moncho Marín, baixoIncansable estudoso da nosa música tradicional, fixo abondosos traballos de recollida e participou no grupo PALLAMALLADA. Ata hai ben pouco, formou parte do grupo de música medieval RESONET e hoxe colabora co Museo do Pobo Galego. Ramón Vázquez “O Chilro” , barítonoFormou parte da primeira formación de TREIXADURA ata que decidiu dedicarse profesionalmente á construción de instrumentos tradicionais galegos. Hoxe é un dos máis prestixiosos luthiers de Galiza e gaiteiro, xunto con Xaquín Xesteira, nos FAÍSCAS DE SOLOBEIRA. Mingos Lorenzo, barítonoFoi compoñente de A RODA, con quen compartiu o gusto daquela xeración pola cantiga popular nas xuntanzas de amigos, das que hoxe continúa a ser incondicional. Xosé Méndez “Morgan”, barítonoO rei da Algalia de Abaixo, onde rexenta o XA CHEGOU, é un dos pais das estalotadas da rúa de San Pedro (que aledan as noites compostelás), membro fundador de OS ESTALOTES e compoñente de CANTIGAS E AGARIMOS. Antón Cabaleiro, tenorLeva toda a vida mergullado na música e na danza tradicionais. Entre outras moitas cousas, foi membro fundador do grupo A RODA, participou noutras formacións coma CASTAÑA, MAREIRA e PETAPOUCO e dirixiu o grupo de danza FROLES MARELIÑAS.Antón Fontenla, tenorGaiteiro de Campolameiro, foi un dos fundadores do grupo xa desaparecido QUINTA FEIRA, unha novidosa aposta dentro da música folc galega. Delio Domínguez “o camarón da Limia”, tenorTomou contacto co flamenco na emigración, en Alemaña, e dende aquela esta é a súa maior paixón. Como bo amante das tradicións, tamén o é da nosa música, unha música que o acompaña dende o berce na súa terra, a Limia e na súa aldea, Lampaza.Alberte Raposo, tenor

Comezou a cantar na CORAL DE ARZÚA en 1979. Dende entón, non deixou de participar en toda canta foliada xurdiu e xorde entre Arzúa e Santiago, afección que hoxe compaxina coa súa participación en CANTIGAS E AGARIMOS.

 

MÁIS INFO :NA WEB DO GRUPO

Benvidos ao blog da Festa Folc!!

Ola!! neste blog iremos subindo toda a información da Festa Folc de Vilariño, que este ano 2006 chega á súa sétima edición.
Xa vos podemos confirmar os grupos que veñen tocar e maila data:

 Será o sábado 19 de agosto, ás 22:00h na praia de Vilariño, O Hío, Cangas do Morrazo.

Os grupos serán: 

                   –BRANDANIA. Folc. Canarias

                   –RUXE RUXE. Rock galego. Galiza

                   –TERRAKOTA. Reggae. Portugal     

    

                                                 logovilariño.JPG