Como chegar?

Non sabes chegar até Vilariño? Aquí poderás ver como o facer…

Vehículo propio.
A mellor maneira é collerdes a saída Cangas-Moaña na AP-9, xusto despois da ponte de Rande se vas dirección Vigo-Pontevedra e xusto antes da ponte se  vas dirección Pontevedra-Vigo. Por esta saída chegas a unha glorieta  que enlaza co Corredor do Morrazo, -indicado cun cartel verde que pon Cangas, Bueu, Moaña-. Hai que percorrer todo o Corredor até a súa fin e na glorieta onde remata hai que coller á esquerda, dirección Aldán. Despois só hai que seguir os cartaces da festa que, despois de pasar pola vila de Aldán, nos levarán até a aldea de Vilariño.

Aquí tedes un mapa de estradas coa rota  Lisboa-Porto-Vigo-Vilariño:

Mapa de Estradas Lisboa-Porto-Vigo-Vilariño

Aquí tedes o mapa coa rota A Coruña-Compostela-Pontevedra-Vilariño.

Mapa de Estradas Coruña-Compostela-Pontevedra-Vilariño

Transporte público.
Opción 1. Dende Vigo. Podemos coller o barco ou o bus de Vigo a Cangas. O barco sae da Estación Marítima cada media hora, dende as 6:30h até as 22:30h. Prezo: 1,65€.O bus pódese coller diante do antigo reitorado, r/Areal, en Bouzas ou na Estación de Autobuses. O horario é dende as 10:00h até as 22:30h. Ollo! polo Areal pasan todos os buses, por Bouzas e pola Estación de Buses, non. Prezo:descoñecido.Opción 2. Dende Pontevedra. En bus, dende a estación de autobuses hai buses dende as 9:15h até as 21:30h que fan o percorrido Pontevedra-Marín-Bueu-Cangas.Para a opción 1 e a 2: Unha vez en Cangas, hai autobús dende Cangas a Vilariño cada media hora, aproximadamente, que sae da Estación de Buses de Cangas, xusto acarón da Estación Marítima. A empresa é Autocares Cerqueiro.