TREIXADURA

Máis alá da enseada de San Simón, sobre os escoadoiros do río Alvedosa, en Redondela, hai un vello muíño reconvertido en santuario de viños e manxares.Alí, no mes de xullo de 1990, catro gaiteiros decidiron escomenzar unha nova andaina na súa carreira musical.

Estes gaiteiros foron ANTÓN e XAN LÓPEZ, que proviñan dun grupo de gaiteiros chamado PASENIÑO, e XAQUÍN XESTEIRA e XABIER MARTÍNEZ, que remataban unha etapa na BANDA DE GAITAS DE VILANOVA DE AROUSA.
      Xuntos fundaron o grupo que, máis tarde, chamarían TREIXADURA GAITEIROS. No ano 91 sumouse a esta idea
RAMÓN VÁZQUEZ (“o Chilro”) do grupo OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA. Logo de dous anos nos que se perfilou a liña a seguir, decidiron presentarse ó público o 30 de Xuño de 1992, nun concerto celebrado no seu lugar de ensaio, o mesmo muíño que os víu nacer como agrupación. Dende entón, o grupo foi rodando por diferentes vilas e cidades de Galicia e España, en todo tipo de eventos musicais ou culturais, fundindo voces, gaitas e percusións nunha variada gama de ritmos para, así, contribuir a manter las melodías coas que, ó longo de tanto tempo, os nosos gaiteiros animaron festas e romarías. No ano 1995, PABLO NOGUEIRA substituíu a Xabier Martínez e, un ano máis tarde, TREIXADURA entra no mercado discográfico cun CD titulado “Obrigado”, un traballo de recoñecemento e agradecemento ó labor feito polos vellos grupos de gaiteiros que nos precederon.  Cumpríase deste xeito un obxectivo que para o grupo foi sempre unha referencia: “Misturar temas sobradamente coñecidos da música galega con outros que se tenta rescatar do anonimato, para dalos a coñecer con toda a forza e frescura características da nosa música”.    En 1998, Ramón Vázquez decidiu abandoar o grupo para adicarse profesionalmente á construcción de gaitas e instrumentos de percusión galega. Deixou un baleiro que o grupo encheu coa chegada do acordeonista CÉSAR LONGA.   Deste xeito quedou configurada a actual formación de TREIXADURA GAITEIROS. Abríuse, así, unha nova etapa que deu como froito un novo CD, gravado en 1999, que foi titulado “Unha Noite No Muíño”. A presentación deste traballo levou a música de TREIXADURA ás principais vilas e cidades de Galiza, así como a diversos países do estranxeiro. No ano 2000, a amistade de TREIXADURA con RODRIGO ROMANÍ deu lugar á colaboración do grupo en “Albeida”, primeiro disco do ex-membro de MILLADOIRO. O grupo acompañou durante ese ano ó músico galego na xira de presentación do citado traballo. Froito desa experiencia foi a idea de fundir o bo gusto de ROMANÍ co repertorio que o grupo estaba preparando para un novo proxecto.O resultado final foi “Unha Noite non é Nada”, un traballo do que estamos moi orgullosos..      TREIXADURA GAITEIROS é, hoxe, un espectáculo musical que envolve ó público en sons e imaxes ante os que un non deixa de sorprenderse. Valses, muiñeiras, foliadas, pasodobles e demáis ritmos da nosa tradición van sendo debullados nun ambiente que tanto pode encaixar na romaría máis popular como na festa ou evento máis urbán.  DiscografíaUNHA SEMANIÑA ENTEIRA . Pai Música, 2006UNHA NOITE NON É NADA. Ed. Do Cumio, 2003UNHA NOITE NO MUIÑO. Ed. Do Cumio, 1999OBRIGADO. Discmedi, 1996 Orfeon treixadura    O ORFEÓN TREIXADURA está formado por dez persoas que proveñen de propostas musicais variadas e que teñen en común o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo dabondo para que hoxe representen e dignifiquen coma ninguén este novo proxecto: UNHA SEMANIÑA ENTEIRA.   Os compoñentes do ORFEÓN TREIXADURA son:    ORFEON TREIXADURA Gustavo Cuntín, baixoÉ un fan de confeso TREIXADURA e gran amante das tertulias, sobre todo cando estas deveñen en festa. Emana harmonía cando canta e cando fala e ,ás veces, mesmo cando non o fai.    Antón Guisande, baixoFoi sempre un apaixonado da canción e da música, por iso hoxe lles dedica boa parte do seu tempo como compoñente do coro AMADEUS e como afeccionado ao acordeón. Moncho Marín, baixoIncansable estudoso da nosa música tradicional, fixo abondosos traballos de recollida e participou no grupo PALLAMALLADA. Ata hai ben pouco, formou parte do grupo de música medieval RESONET e hoxe colabora co Museo do Pobo Galego. Ramón Vázquez “O Chilro” , barítonoFormou parte da primeira formación de TREIXADURA ata que decidiu dedicarse profesionalmente á construción de instrumentos tradicionais galegos. Hoxe é un dos máis prestixiosos luthiers de Galiza e gaiteiro, xunto con Xaquín Xesteira, nos FAÍSCAS DE SOLOBEIRA. Mingos Lorenzo, barítonoFoi compoñente de A RODA, con quen compartiu o gusto daquela xeración pola cantiga popular nas xuntanzas de amigos, das que hoxe continúa a ser incondicional. Xosé Méndez “Morgan”, barítonoO rei da Algalia de Abaixo, onde rexenta o XA CHEGOU, é un dos pais das estalotadas da rúa de San Pedro (que aledan as noites compostelás), membro fundador de OS ESTALOTES e compoñente de CANTIGAS E AGARIMOS. Antón Cabaleiro, tenorLeva toda a vida mergullado na música e na danza tradicionais. Entre outras moitas cousas, foi membro fundador do grupo A RODA, participou noutras formacións coma CASTAÑA, MAREIRA e PETAPOUCO e dirixiu o grupo de danza FROLES MARELIÑAS.Antón Fontenla, tenorGaiteiro de Campolameiro, foi un dos fundadores do grupo xa desaparecido QUINTA FEIRA, unha novidosa aposta dentro da música folc galega. Delio Domínguez “o camarón da Limia”, tenorTomou contacto co flamenco na emigración, en Alemaña, e dende aquela esta é a súa maior paixón. Como bo amante das tradicións, tamén o é da nosa música, unha música que o acompaña dende o berce na súa terra, a Limia e na súa aldea, Lampaza.Alberte Raposo, tenor

Comezou a cantar na CORAL DE ARZÚA en 1979. Dende entón, non deixou de participar en toda canta foliada xurdiu e xorde entre Arzúa e Santiago, afección que hoxe compaxina coa súa participación en CANTIGAS E AGARIMOS.

 

MÁIS INFO :NA WEB DO GRUPO