FREETANGA

O grupo Freetanga formouse a partir dun grupo de mozos que comezou tocando os djembés na praia de Viñó coa peña e de aí xurdíulles a idea, no 2002, de facer un grupo de percusión.

Co tempo, pero mantendo sempre a esencia da percusión, foron incorporando novos instrumentos de carácter melódico para poderen así abranguer estilos tales coma: Funky, reagge, fanfarria, son cubano, merengue africano, bossa nova, samba, etc.

Freetanga debutou tocando no 1º festival Terra de Sons de Aldán, espertando no público unha grande expectación xa que pola zona non había grupos con estas características; esta circunstancia propicioulles a oportunidade de amosar a súa música por locais e festivais do Morrazo, Vigo, Pontevedra ou mesmo Portugal.

Os membros de Freetanga son: Boube, batería e percusión; Mundo, batería, baixo e percusión; Felo, guitarra e percusión; Aitor, guitarra, percusión e voz; Fuco, percusión e voz; Nando, baixo, percusión e voz; Rober, percusión; Yosu, teclados.