GUEZOS

GUEZOS: (do barallete, antiga fala dos afiadores ourensáns) Nenos, rapaces, cativos. Un pouco de historia…

Guezos nace no ano 1999 en Ourense, como proxecto de grupo musical tradicional, sen excesivas pretensións. A derivación ao folc foi chegando pouco a pouco, e no 2000 o grupo comeza a dar os seus primeiros pasiños. Grava unha primeira maqueta de nome “GUEZOS” e dá os seus primeiros concertos.

Non contentos con todo isto, os seis compoñentes iniciais: Arturo, Morta, Pablo, Roberto, Anxo e Puntxa deciden adentrarse un chisco máis nesto da variedade musical e comezan a xurdir propostas con influencias de eidos musicais ben distintos, como o Rock ou Pop. Contribuiu a este feito a incorporación dunha guitarra eléctrica ao grupo. Actualmente, GUEZOS busca a incorporación ás súas composicións de ritmos variados, tanto da música tradicional (galega ou non) como de sons actuais de todos os campos sen ningunha discriminación.

A receita de GUEZOS…

Mestúrense con enerxía tres partes de música folk, dúas de Rock, e outras tantas de música tradicional galega. Engádanse ó gusto pingas de sabores variados como funk ou reagge, e ata rumba, se apetece. Salpimentese con graos de reel, e bátase todo no ordenador ata que colla boa textura. Logo métase no forno á temperatura dunha taberna chea de xente. Por suposto, sérvese quente e acompáñase de moito entusiasmo e ilusión.

Escolma de Concertos…

I, II e III Festival Folk Serra de Queixa. (Ourense).III Festival “Na Tralla” Vilaboa (Pontevedra).Festas do Incio (Lugo).Café Meigallo de Verín (Ourense).Sala Camawey. (Pontevedra).Palacio de Exposiciones y Congresos de Montjuïc (Barcelona).XXV Festival do Mundo Celta de ORTIGUEIRA (A Coruña).Festas de Beariz (Ourense).Pub John Mulligan (Ourense).Pub “A Revolta” Vigo (Pontevedra).Pub “American Century” de Ferrol (A Coruña).PARAPANDA FOLK, dentro do certame EUROFOLK Junior celebrado en Íllora (Granada).Fiesta del turista. Robledillo de Gata (Cáceres).Festas da Istoria. Ribadavia (Ourense).Folkardente 2005. Vedra 

 

MAIS INFO NA WEB DO GRUPO